O TORNO: UNHA MÁQUINA FERRAMENTA CON HISTORIA…
Neste artigo
Trátase dunha das máquinas con maior tradición e presenza en talleres de mecanizado de todo o mundo, pero, realmente, canto sabemos deste tipo de máquinas?
Malia que as súas orixes se remontan ao século IX a. C., non é ata o século XIII cando adquiren vantaxes evidentes para o seu manexo e operatividade: pasan de ser sistemas de manexo exclusivamente manual a ser equipos de manexo a través dun pedal. É a partir do s. XV cando aparecen tornos de transmisión por correa e de transmisión biela por correa.
Ao comezar a Revolución industrial en Inglaterra, durante o século XVII, aparecen os primeiros tornos capaces de mecanizar unha peza metálica.
En ocasións, os tornos clasifícanse segundo a súa utilización: tornos de taller, tornos para copiado, tornos de produción en serie.
Os tornos de taller inclúen os de banco, rápidos, de precisión, para uso en taller mecánico e de escote ou bancada partida.
Torno paralelo HELLER, MODELO CE 460×1000

Segundo as súas características estruturais e funcionais, pódense clasificar como:
Torno paralelo (ou mecánico):
A partir dos tornos antigos, a través da adición de novos equipamentos, converteuse nunha das máquinas ferramenta de maior versatilidade. Na actualidade, este tipo de torno forma parte esencial dos talleres de aprendices e dos talleres de mantemento.
O seu nome está baseado no paralelismo que existe entre o eixe do cabezal (e polo tanto da peza que se vai mecanizar) e a traxectoria principal da ferramenta de mecanizado. Está composto por un cabezal, dentro do cal xira o fuso, e dúas guías lonxitudinais e paralelas entre si e respecto do fuso. Sobre o extremo do fuso (pescozo) vai montado o prato universal, o prato de tres garras ou o punto, que serven para centrar a peza que se desexa mecanizar e transmitirlle o movemento de xiro que lle proporciona o motor eléctrico a través do cambio de velocidades.
Entre os cabezais desprázase o carro portaferramentas, ben manualmente cun volante ou ben por medio do movemento de avance que transmite o xiro da barra de cilindrar ou o da barra ou fuso de roscar, ambas movidas polo motor a través da caixa de avances ou da de roscado.
Sobre o carro e de forma perpendicular ás guías pode moverse a torreta portaferramentas, guiada e impulsada manualmente, a través dun volante e un fuso roscado, ou mecanicamente, grazas ao movemento de avance que lle transmite a barra de cilindrar.
Torno paralelo HELLER. Modelo CE660V x 1500

Torno copiador
Opera cun dispositivo hidráulico e electrónico que permite o torneado de pezas de acordo coas súas características, seguindo o perfil dun modelo que reproduce unha réplica.
É necesario contar cunha ferramenta que permita unha boa evacuación da apara e cun sistema de lubricación e refrixeración eficaz do fío de corte das ferramentas mediante abundante aceite de corte ou taladrina.
Torno copiador electrónico
Torno revólver
O seu uso está destinado ao mecanizado de pezas sobre as que sexa posible o traballo simultáneo de varias ferramentas co fin de diminuír o tempo total de mecanizado.
O torno revólver leva un carro cunha torreta xiratoria na que se inseren as diferentes ferramentas que realizan o mecanizado da peza. Tamén se poden mecanizar pezas de forma individual, fixándoas a un prato de garras de accionamento hidráulico.
Torno automático
Chámase torno automático a un tipo de torno cuxo proceso de traballo está enteiramente automatizado. A alimentación da barra necesaria para cada peza faise tamén de forma automática, a partir dunha barra longa que se insire por un tubo que ten o cabezal e se suxeita mediante pinzas de aperte hidráulico.
Estes tornos poden levar un ou varios fusos.
- Os dun só fuso utilízanse para o mecanizado de pezas pequenas que requiran grandes series de produción.
- Os tornos multifuso son de gran utilidade para o mecanizado de pezas de maiores dimensións, onde, de forma programada, cada fuso realiza unha parte do mecanizado da peza. O cambio de posición dos fusos permite un acabado rápido, ao traballaren de forma simultánea.
Torno vertical
O seu uso está destinado á mecanización de pezas de gran tamaño, que van suxeitas ao prato de garras ou a outros operadores e que, polas súas dimensións ou peso, farían difícil a súa suxeición nun torno horizontal.
Non presentan contrapunto, senón que o único punto de suxeición das pezas é o prato horizontal sobre o cal van apoiadas. O movemento da peza de traballo para fixala ao prato realízase utilizando pontes guindastre ou polipastos.
O eixe do fuso do cabezal fixo é vertical e o prato sobre el xira nun plano horizontal. As guías están montadas sobre dúas columnas verticais e paralelas, unidas na súa parte superior por unha ponte. O carro portaferramentas móvese horizontalmente sobre unha ponte que á súa vez é guiada por dúas columnas.
Ofrece unha gran capacidade de produción e precisión no mecanizado.
Permite mecanizar con precisión superficies curvas coordinando os movementos axial e radial para o avance da ferramenta.
A velocidade de xiro do cabezal portapezas, o avance dos carros lonxitudinal e transversal e as cotas de execución da peza están programadas e, polo tanto, exentas de fallos imputables ao operario da máquina
Torno CNC FOLLOW. Modelo CNC80

Maquina herramientaMaquinaria ConvencionalMáquinasMecanizadoTorno industrial
Máquinas relacionadas
Ver a gama →Segue lendo
Artigos →Busca maquinaria para o seu taller?
Asesorámolo sen compromiso: demostración nas nosas instalacións, posta en marcha e servizo técnico propio.







